CARDENAL CISNEROS OURENSE

Archive for the ‘General’ Category

O alumnado de Cisneros sae de novo no Xornal escolar do 28 de abril de 2021. O motivo, os seus traballos do Día do Libro.

O alumnado de Cisneros decidiu conmemorar o Día do Libro lendo en grupo, de tres en tres ¡, de dous en dous e de xeito individual. Ademais crearon cartaces, perfís de personaxes e tamén recibiron o carné de lector.

Nesta edición tamén se fixo unha pequena homenaxe ao poeta Mario García Montalbán en agradecemento ao seu bo facer e a súa xenerosidade co alumnado.

Coleccións de filatelia temática feitas por alumnado de Cisneros compoñen a Exposición filatélica dedicada ao Día do Libro. Instalada no local da Deputación de Ourense no Edificio de Correos, e organizada pola Sociedade Filatélica Miño, percorre escritores e libros ademais de aportar unha explicación da celebración do 23 de abril:

“Día do libro”, “Unha olllada a Rosalía”, “Lembranzas de D. Xaquín Lorenzo”, “Carlos Casares, contador de historias”, “Escritores das Letras Galegas”, “Rabindranath Tagore”.

Na inauguración oficial representaron ao alumnado de Cisneros Tiago e Alba Feijoo que estiveron acompañados da profe de Cisneros e secretaria da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, Marila Abad; o Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o Presidente da Miño, José Barros, e o director da Oficina Principal de Correos, Orlando Cid.

Un grupiño de alumnas e alumnos de Cisneros saen no Xornal Escolar de “La Región” do 21 de abril de 2021.

Locen orgullosos as súas obras para conmemorar o Día da Arte; e o seu cole, Cisneros, presume de alumnado.

O alumnado de Infantil, Primaria e o da ESO celebraron o Día da Arte 2021 compartindo as súas “artistadas”.

A proclamación do Día Mundial da arte, unha celebración para promover o desenvolvemento, a difusión e a promoción da arte, tivo lugar na 40ª reunión da Conferencia Xeral da UNESCO en 2019. A data foi elixida porque o 15 de abril de 1452 naceu Leonardo da Vinci, o home creativo por excelencia.

A arte nutre a creatividade, a innovación e a diversidade cultural de todos os pobos do mundo, e desempeña un rol importante no intercambio de coñecementos e no fomento do interese e o dialogo. Estas son calidades que a arte sempre tivo e terá, se continuamos apoiando contornas onde se promovan e protexan os artistas e a liberdade artística. Desta maneira, ao fomentar o desenvolvemento da arte tamén se fomentan os medios a través dos cales poder lograr un mundo libre e pacífico.

Cada ano, o 15 de abril, as celebracións do Día Mundial da arte contribúen a reforzar os vínculos entre as creacións artísticas e a sociedade, a fomentar unha maior conciencia da diversidade das expresións artísticas e a pór de relevo a contribución dos artistas ao desenvolvemento sustentable. Así mesmo, esta data é a oportunidade de destacar a educación artística nas escolas, xa que a cultura é o camiño cara a unha educación inclusiva e equitativa.

Hai moito que aprender, compartir e celebrar no Día Mundial da arte, e a UNESCO anima a todo o mundo a participar a través de diversas actividades como debates, conferencias, talleres, eventos culturais e presentacións ou exposicións.

O Xornal Escolar de “La Región” do 7 de abril de 2021, recolle un artículo de Beni Bouzada no que fala das condutas responsables; inclúe unha reseña ao traballo que se leva a cabo en Cisneros. Moitas grazas por difundir o que facemos en Cisneros.

“Neno educado en seguridade viaria é un futuro condutor concienciado”

Beni Bouzada

O 6 de abril conmemórase o Día Internacional do Deporte para o desenvolvemento e a Paz, o profe de Educación Física do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, Borja, quixo lembrar este día no 2021; recolleu algunhas imaxes do alumnado facendo exercicio.

“O deporte ten o poder de cambiar o mundo e historicamente desempeñou un papel importante en todas as sociedades, xa sexa en forma de competicións deportivas, de actividade física sen máis ou mesmo de xogos. É un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fortalecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sustentable, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.

A través das nosas habilidades individuais únicas e o noso poder colectivo, podemos unirnos e compartir formas creativas para mellorar a nosa saúde e benestar a través do deporte e a actividade física.

Neste día pedímosvos que vos manteñades activos, sans e solidarios nestes tempos de distanciamento físico e social. O espírito de equipo axudaranos a superar xuntos a incerteza e as dificultades actuais.”

https://www.un.org/

A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están convidados a unirse.

O alumnado de Cisneros celebrou o Día da Poesía 2021, como non podía ser doutro xeito, creando e compartindo poemas; uns de recoñecidos poetas e outros de autoría propia.

“Feliz día aos que xogan coas palabras”

Feliz Día da Poesía!

Cunha dedicatoria especial aos membros do Círculo Poético Ourensán polas facilidades que nos aporta para achegarnos á poesía.


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 204.964 visitas