CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘2020

Foi en outubro de 2017 cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou o 20 de maio como Día Mundial das Abellas, coincidindo coa data do nacemento de Anton Jansa, quen no século XVIII foi pioneiro nas técnicas modernas de apicultura no seu país natal, Eslovenia, e recoñeceu a estes insectos pola súa habilidade para traballar duramente e requirindo á vez moi pouca atención.

Neste 2020 quixemos lembrar o día no Colexio Cardenal Cisneros dende as casas…

Etiquetas: ,

Debido a pandemia, estamos de loito. O alumnado de Cisneros na casa facendo traballos co que ten a man. Unhas pinceladas do Día das Letras Galegas polo 17 de maio.

O 31 de outubro de 2020 sera a gran xornada de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, un día despois da celebración do 110 aniversario do seu nacemento.

Alí estaremos

Feliz Día das Letras!!

Etiquetas: ,

O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias. No 2020, a pandemia impediu que estiveramos xuntos o alumnado, as familias e os profesores, ou sexa, a familia Cisneros. Por iso quixemos felicitalas así…

Etiquetas: , , ,

A profe Ari cóntanos o conto: “La Vaca que puso un huevo”

Autor: Andy Cutbill

Traductor: José Morán Orti

Ilustrador: Russell Ayto

 

Etiquetas: , ,

Profes de Cisneros “argallan” un vídeo para felicitar ás nais do alumnado dende o seu confinamento nas súas casas.

Feliz Día da Nai!!!

Etiquetas: ,

No 6 de abril de 2020, Día Internacional do Deporte para o desenvolvemento e a Paz, o profe de Educación Física do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, Iago, danos un paseo polos deportes olímpicos dende a casa; xa sabedes, en época de confinamento, queda na casa.

#EuQuedoNaCAsa

Vaia traballón!! Disfrutádeo!!
Grazas Iago!!

Cisneros quere concienciar no Día Mundial do Autismo que se celebra o 2 de abril.


Na campaña do 2020, en plena crise da pandemia do coronavirus no mundo, céntrase na lema “Podo aprender, podo traballar”. Reivindícase un esforzo por parte das autoridades e da sociedade á hora de facilitar o acceso a unha educación de calidade con miras a que estas persoas poidan desenvolver un traballo remunerado e ser o máis autónomos e independentes posible.
O noso gran de area!
#DíaMundialAutismo
#PodoAprenderPodoTraballar #PuedoAprenderPuedoTrabajar

Etiquetas: ,

Etiquetas: , ,

O Círculo Poético Ourensán organizou o Recital en feminino para conmemorar o Día da Muller.

O 10 de marzo de 2020, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, reuníanase un grupo de amantes da poesía par disfrutar das letras; poemas de mulleres, recitados por mulleres nun acto organizado polo Círculo Poético Ourensán.

Na mesa, as poetas María Glez. e Concepción da Silva acompañadas polas alumnas de Cisneros Isabelly Carmo, Thai Bochi e Kamila Bolívar. Poemas propios acompañados de outros cuxa autoría  corresponde a poetas recoñecidas a nivel mundial.

Un vez máis a poesía axuda a concienciar e sensibilizar sobre temas de candente actualidade.

Unha xornada para lembrar e repetir!!

 

Etiquetas: ,

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 207.565 visitas