CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘cisneros

O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias. No 2020, a pandemia impediu que estiveramos xuntos o alumnado, as familias e os profesores, ou sexa, a familia Cisneros. Por iso quixemos felicitalas así…

Etiquetas: , , ,

AGRADECEMENTO, EMPATÍA, RESPECTO, SOLIDARIEDADE, CONFIANZA, ESPERANZA…

Sentimentos que levamos por bandeira
e que nos unen e dan forza
desde o fogar de cada un de nós ata o fogar de cada un de vós 🌈
Estamos todxs xuntxs 💪🏼
Quedamos na casa 🏠
Todo sairá ben 🌈
Etiquetas: ,

A profe de Educación Infantil fai unha serie de propostas de fomento da lectura e literatura infantil para que os máis peques poidan ter a man uns contos moi chulos; algúns deles xa os coñecen moi ben.

Etiquetas: ,

Etiquetas: , ,

Etiquetas: ,

Un resumo dalgunhas das actuacións do alumnado de Cisneros no festival de Nadal 2019…

 

Panxoliña “Gatatumba co avó Juan”

Bailando a Cantiga do Apalpador

 

Haberá máis!!!

Etiquetas: , ,

Un grupiño de alumnas e alumnos de Cisneros, saíron do cole e achegáronse á Galería de Arte Visol de Ourense. Alí agardábaos o artista Adrián Pandolfo.

Con el traballaron creando pranchas e facendo os seus primeiros gravados. Unhas probas de artista moi significativas e creativas que acompañarán á exposición conxunta…

Carlos Scannapieco – Adrián Pandolfo «Grabados del sur del mundo»

 

Tivemos a sorte de coñecer tamén a outros pintores e gravadores: Leandro Sánchez e X. Poldras.

Un xeito diferente de ver e vivir a arte, grazas á galerista Maricarmen e o seu bo facer, e á artista profe ou profe artista Tareixa Taboada.

Unhas imaxes que o din todo…

 

Unhas imaxes monstruosas e emotivas!!!!

Con premios e premiados…

 

 

Un grupo de alumnos e alumnas de Cisneros achegáronse ao Cemiterio de San Francisco de Ourense para facer un percorrido no que foron guiados polo ex-alumno Marcos Pardo.

Marcos dende pequeno sempre lle encantou visitalo e en 2019 remata a dirección dun documental sobre o mesmo;  información que aportou saía tan fluída dun corazón ilusionado, que enganchou a atención do alumnado ao momento.

Contoulles a historia que se remonta a comezos do s. XIX. Foron os franciscanos os que cederon un terreo para a súa construcción ao carón do convento. En 1834 inaugúrase, e en 1887 constrúese un pequeno anexo, o cemiterio laico, hoxe unido.

O seu interese reside tanto na beleza como na monumentalidade das súas tumbas (obra de artistas como Piñeiro, Víctor Macho, Faílde, Vázquez Gulías … pero tamén da emblemática metalurxia de Malingre) e nos seus habitantes, xa que aquí os grandes nomes da literatura, as artes eo pensamento: Blanco Amor, Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo “Xocas”, Lamas Carvajal, Cuevillas, Marcelo Macías, Ben-Cho-Shey, …

Conta o cemiterio coa súa Asociación de Amigos, da que o poeta José Ángel Valente foi o presidente honorario , e que durante anos loitou polo seu recoñecemento e protección, logrando que no ano 2000 fose declarado Bens de Interese Cultural.

Paradas especiais na tumba da “Pobre Asunción” – a primeira vítima de violencia de xénero documentada en Ourense-, na de D. Xaquín Lorenzo “Xocas”– cofundador do Colexio cardenal Cisneros e da Sociedade Filatélica Miño- e na dos irmáns Gallego Domínguez, entre eles Pilar, coa que algúns dos alumnos compartiran momentos inesquecibles.

Unha actividade difícil de esquecer grazas ao bo facer de Marcos Pardo que soubo achegar o lugar aos rapaces dende o corazón , recordándolle que “Ninguén morre mentres sexa lembrado”.

 


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 212.439 visitas