CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘ouff

Un grupo de alumnos de Primaria de Cisneros achegáronse ao Auditorio Municipal- Pazo de Congresos de Ourense o 20 de novembro de 2014  para adentrarse no mundo do cinema.

Con motivo da celebración da 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense,proxectouse a película española de animación O pequeño mago dirixida por Roque Cameselle e producida por Deboura Cinema. Está rodada en galego e o seu argumento está baseado na novela de inspiración histórica Bieito Dubidoso, escrita tamén por Roque Cameselle e publicada por Edicións Xerais en 2003.

Sinopse: O pequeno mago conta as azarosas e intrépidas aventuras de Bieto Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro.Este, en compañía do seu inseparable amiga Destreza, emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Juan, amo e señor da cidade galega de Tui.

Etiquetas: , , , ,

IMG_1636

Un grupo de alumnos de Cisneros acompañados da “profe Ana” asistiron á proxección da película “Diamantes Negros” que tiña lugar no Teatro Principal. Incluida dentro do 19 Festival de Cine Internacional de Ourense, foi Premio do público no Festival de Málaga do 2013.

O día 17 de novembro de 2014, ás 8 da tarde ( vedes que é fóra do horario escolar), non perderon detalle da historia que lle acontecía a dous africanos, Amadou e Moussa. Chegaron encantados coa experiencia e con ganas de repetir  porque… o guión e as interpretacións emocionaron…

Sinopse:

“Amadou e Moussa viven esperando a oportunidade para cumprir o seu soño: converterse en futbolistas de renome no mercado europeo. Facer que os seus pais se enorgullezan deles e poder regalarlle ás súas nais unha casa enorme onde non lles falte nada, son as metas ás que aspiran, que ven unha oportunidade abrirse ante os seus ollos, cando un axente busca-talentos ofrécelles un contrato deportivo.

Os mozos viaxan a España, onde ingresan nun equipo de fútbol. As súas expectativas parecen cumprirse, pero pronto descubrirán que os soños non son comparables coa realidade. Todo aquilo que planearan transformarase rapidamente no pesadelo duns adolescentes desamparados nun mundo completamente descoñecido. Un duro enfrontamento entre as aspiracións duns mozos que soñaban con chegar a dedicarse a aquilo que amaban e a manipulación dun deporte corrompido pola avaricia.”

O 5 de outubro de 2010 fomos convidados a asistir á Gala de Entrega de premios do II Certame Cinema OUFF  Escola pola Concellaría  de Cultura e polo Ouff; e alí fomos, profesores, pais e alumnos entre os que estaban os actores e actrices da nosa curtametraxe presentada.

Veredes as imaxes do acto e unhas fotos co actor e director  ourensán RUBÉN RIÓS, presentador da gala,  que moi amablemente posou cos nosos rapaces.

Rubén Riós cos nosos rapaces

Paula, Sarai e Laura con Rubén Riós

Abraham e Fran encantados con Rubén Riós

Alumnos da ESO co “dire”  no hall do Audorio

Grazas aos familiares dos nosos alumnos que  nos acompañaron

E, como non, insertamos tamén a nosa curtametraxe, que cunha duración de 13:39 minutos, que é un documental sobre o mundo da filatelia e a súa aplicación para a aprendizaxe de distintas materias do currículo.


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 213.939 visitas