CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘ourense

Nace a Revista Cultural “Nós, a Xente do Redor”.
Nela colaboran tres membros da Comunidade Educativa de Cisneros Ourense: Os alumnos de 6º Primaria Isabelly Victoria Carmo Valverde con poesía, Daniel Sutil Moreira cunha ilustración do poema da compañeira e a profe Marila Abad con escrito sobre o coleccionismo.
Unha honra velos acompañados de artistas consolidados, rodeados de cultura.
Á espera da súa saída á luz, unha entrevista de Javier Moro, de Radio Voz, a Avelino Jacome Iglesias organizador e “liante” desta nova revista que nace no confinamento.
No minuto 6:30 falan de nós. Agradecidos pola posta en valor do traballo de Cisneros!!!
#CisnerosOurense #XenteDoRedor

Etiquetas: ,

O profe Iago con Edgar e Jose da Cruz Vermella

O venres 21 de febreiro de 2020,  o noso alumnado aprendeu como actuar ante accidentes nos que poda perigar a vida dunha persoa.

Grazas ao membros de Cruz Vermella puideron coñecer e aplicar os diferentes protocolos de primeiros auxilios como o protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer), a Reanimación cardiopulmonar ou o protocolo O.V.A.C.E. para actuar ante afogamentos.

Oxalá nunca os teñamos que por en práctica, pero de ser o caso, estaremos máis preto de salvar unha vida!

Unha actividade promovida polo profe de Educación Física, Iago, que está incluida no Plan Proxecta da Xunta de Galicia “Mobilidade Sostible e Segura” e no proxecto europeo Stars nos que participa Cisneros no curso 2019-2020.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Isa, Thai, Seyna e Kamila participaron no recital organizado polo Círculo Poético Ourensán o día 11 de febreiro de 2020.

En medio de senlleiros poetas compartiron as súas letras. Nesta ocasión cun engadido especial: o reencontro co poeta asturiano Francisco José Fernández Palacios que visitara o centro a finais de 2019.

Emotivos momentos con intercambio de agasallos: libros, flores, …

Etiquetas: , , ,

O sábado 1 de febreiro de 2020 iremos de Andaina a Comunidade Educativa con todos os que queirades facernos compaña.

Estamos ultimando os detalles…

Ultimando detalles para a I Andaina solidaria pola Paz Cisneros 2020

Será a I Andaina Solidaria pola PAZ; só pedimos como inscripción que traiades alimentos non perecedoiros que serán entregados á Cruz Vermella e ao Banco de Alimentos.

Obxectivo:

  • Conmemorar o Día Escolar da Paz e non Violencia
  • Animar a unha vida saúdable
  • Promover os desprazamento sostibles e seguros
  • Coidar o medio ambiente (xa que un grupo irá recollendo o lixo que atopemos polo camiño)

Data: Sábado 1 de febreiro

Hora: 11:30 h

Saída: Colexio Cardenal Cisneros (Rúa Pardo Bazán, 21 – 32004 Ourense)

Meta: Ponte Romana

Roteiro: Cisneros – Pavillón dos Remedios-Ribeira do río Miño pasando por Oira-Ponte Romana

Distancia aproximada: 4,5 km

Tempo aproximado: 1h

O 23 de decembro de 2019 inaugurábase a Biblioteca Pública de Ourense, comezada 16 anos atrás. No acto inaugural, o ministro de Cultura, José Guirau, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo e unha amplia representación institucional.
O Colexio Cardenal Cisneros tamén estivo presente dado que é un acontecemento de grande importancia …

“A biblioteca é a porta de entrada a un mundo marabilloso”

Co carné da biblioteca, as nenas e os nenos terán o poder de viaxar no tempo e o espazo…

Non deixedes de visitala; é un referente cultural e arquitectónico segundo as palabras do Ministro.

 

 

 

Enlace a imaxes da nova biblioteca de La Región

 

Un grupiño de alumnas e alumnos de Cisneros, saíron do cole e achegáronse á Galería de Arte Visol de Ourense. Alí agardábaos o artista Adrián Pandolfo.

Con el traballaron creando pranchas e facendo os seus primeiros gravados. Unhas probas de artista moi significativas e creativas que acompañarán á exposición conxunta…

Carlos Scannapieco – Adrián Pandolfo «Grabados del sur del mundo»

 

Tivemos a sorte de coñecer tamén a outros pintores e gravadores: Leandro Sánchez e X. Poldras.

Un xeito diferente de ver e vivir a arte, grazas á galerista Maricarmen e o seu bo facer, e á artista profe ou profe artista Tareixa Taboada.

Unhas imaxes que o din todo…

 

Unhas imaxes monstruosas e emotivas!!!!

Con premios e premiados…

 

O 7 de marzo de 2019 o Xornal “La Región” dedica unha páxina ao Entroido de Cisneros. Pasámolo de medo e vese nas cariñas…

Etiquetas: , , ,

O 28 de novembro de 2018, Millán do centro Quérote+ de Ourense, veu facer ao colexio Cardenal Cisneros un “Obradoiro de Imaxe Corporal”.

Un grupo de alumnos tiveron a ocasión de informarse sobre os seguimtes temas:
📌 Que é o autoconcepto?
📌 Como cultivamos a nosa autoestima?
📌 Inflúen as redes sociais na percepción da nosa imaxe?

E despois da charla… mans á obra: a desenvolver actividades.


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 212.439 visitas