CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘paz

O sábado 1 de febreiro de 2020 iremos de Andaina a Comunidade Educativa con todos os que queirades facernos compaña.

Estamos ultimando os detalles…

Ultimando detalles para a I Andaina solidaria pola Paz Cisneros 2020

Será a I Andaina Solidaria pola PAZ; só pedimos como inscripción que traiades alimentos non perecedoiros que serán entregados á Cruz Vermella e ao Banco de Alimentos.

Obxectivo:

  • Conmemorar o Día Escolar da Paz e non Violencia
  • Animar a unha vida saúdable
  • Promover os desprazamento sostibles e seguros
  • Coidar o medio ambiente (xa que un grupo irá recollendo o lixo que atopemos polo camiño)

Data: Sábado 1 de febreiro

Hora: 11:30 h

Saída: Colexio Cardenal Cisneros (Rúa Pardo Bazán, 21 – 32004 Ourense)

Meta: Ponte Romana

Roteiro: Cisneros – Pavillón dos Remedios-Ribeira do río Miño pasando por Oira-Ponte Romana

Distancia aproximada: 4,5 km

Tempo aproximado: 1h

Alumnos e alumnas de Cisneros conmemoraron o Día Escolar da Paz e non violencia con variadas actividades: cancións, conto, graffiti, …

Unha xornada diferente na que se compartiron e se pediron desexos de Paz.

Momentos destacables do día na seguinte montaxe…

 

Etiquetas: , ,

Animación realizada por alumnos de 3º e 4º da eso do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense para conmemorar o Día Escolar da Paz e non Violencia 2018

Cremos que oseu desexo queda claro e que podemos compartilo! Parabéns!

Etiquetas: , , ,

Un grupo de alumnos de Cisneros realizou unha animación para lembrar un xeito de acadar a Paz.

 

Parabéns polo traballo!!

 

Etiquetas: ,

16-01-29-Paz (34) (Copiar)

Alumnos de Cisneros de once nacionalidades distintas, con distintos orixes, variadas relixións e múltiples culturas reuníronse para conmemorar o Día Escolar da Paz e non Violencia.

Esto acontecía o 29 de xaneiro de 2016 xa que o día propio da celebración, o 30, coincidía a sábado. Houbo unha introdución sobre o significado do símbolo da Paz que todos levaban que deu paso ás actuacións.

Alumnos da ESO ao son da Lambada cantaron unha letra feita por eles e os seus compañeiros en lingua galega para esta xornada, compartindo a súa vivencia de tolerancia no centro e o desexo de paz, amor e igualdade.

Despois foron os máis cativos con abrazos e baile incluidos, Alba e Noemi seguiron, para dar paso a alumnos de Primaria cantando en inglés e español varios temas para rematar cunha interpretación de Imagine coreada polos asistentes e a solta de globos.

Fermosas actuacións para plasmar os desexos dos rapaces e rapazas de Cisneros dun xeito lúdico e diferente.

O noso agradecemento aos profesores e os alumnos que o fixeron posible! Parabéns!

 Álbum de fotos Día da Paz Cisneros 2016

Etiquetas: , , ,

O 30 de xaneiro de 2015 celebrouse no Colexio Cardenal Cisneros o Día Escolar da Paz e non violencia con diversos actos que tiñan aos alumnos como protagonistas principais.

Nenos e nenas de Educación Infantil, Primaria e a ESO escolleron letras acaídas ao día e interpretáronas ao son de músicas moi, moi coñecidas.

Unhas imaxes para a lembranza…

Máis fotos neste enlace

Etiquetas: , , ,

Loupe Paz

Os alumnos de Cisneros celebraron o Día da Paz participando nunha variada selección de actividades que os levaron a facer debuxos para construír un mural, outros para decorar as  aulas, tocar coa frauta “O Himno da Alegría” e  a ler poemas en inglés sobre o tema; tamén compuxeron a letra para varias cancións que interpretaron grupos dos tres niveis educativos do centro:

Os máis pequenos cantaron ao son do “Patio de mi casa”: Os peques de Cisneros … “

Ós de Primaria tocoulle cantar un Rap da Paz que tiña parte da letra da poesía de Alicia, alumna de 5º de Primaria co que gañou o primeiro premio de poesía no Certame “Ourense sabe  acoller”.

E un grupo da ESO cantou e bailou ao son de Sakira con letra adaptada.

Botade unha ollada no vídeo seguinte:

E imaxes neste enlace ….

Etiquetas: ,

O 9 de maio de 2011 será o  150 aniversario do nacemento do autor indio máis universal, Rabindranath Tagore,  figura indispensable do pensamento, da literatura  e  da arte  asiática, galardonado co Premio Nobel de literatura en 1913 pola súa obra  “Gitanjati”.

O 9 de maio de 2010 comezou un ano de celebracións; o festival de Cine sumouse  proxectando películas relacionadas con Tagore; ademais o 8 de outubro dentro da homenaxe, tivo lugar a Cerimonia de prantación dunha árbore, celebrada  pola bailarina bengalí Kaberi Chatterjee coa presenza das autoridades Municipais, José Paz e Obhi Chatterjee.

Unha representación do noso centro acudiu ao acto que resultou moi emotivo, reproducindo fielmente os pasos que se seguen na India. Así unímonos á homenaxe que continuaremos ao longo do curso.

O director co profesor da Universidade e especialista en Tagore, José Paz

A presidenta da APA, Isabel, Paula e Marila seguen a comitiva no desfile da prantación da árbore, detrás de José Paz, Francisco Rodríguez, Alcalde de Ourense, Isabel Pérez, Concelleira de Cultura e Enrique Nicanor, director do Festival de Cine

Juan Cruz, Marila e Paula posando con José Paz diante da árbore de Tagore

Paula e Juan Cruz coa bailarina Kaberi Chatterjee, unha das principais bailarinas da tradicional danza Manipuri da súa xeración e unha autoridade na danza de obras de Tagore e Obhi Chatterjee, director de cine británico de orixe bengalí.

Etiquetas: , ,

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 213.939 visitas