CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘poesía

O Círculo Poético Ourensán organizou o Recital en feminino para conmemorar o Día da Muller.

O 10 de marzo de 2020, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, reuníanase un grupo de amantes da poesía par disfrutar das letras; poemas de mulleres, recitados por mulleres nun acto organizado polo Círculo Poético Ourensán.

Na mesa, as poetas María Glez. e Concepción da Silva acompañadas polas alumnas de Cisneros Isabelly Carmo, Thai Bochi e Kamila Bolívar. Poemas propios acompañados de outros cuxa autoría  corresponde a poetas recoñecidas a nivel mundial.

Un vez máis a poesía axuda a concienciar e sensibilizar sobre temas de candente actualidade.

Unha xornada para lembrar e repetir!!

 

Etiquetas: ,

O 19 de febreiro de 2020, o Xornal Escolar de “La Región” recolle a participación das nosas alumnas no Recital organizado polo Círculo Poético Ourensán e no que tamén particiou o poeta asturiano Francisco Jo´se Fernández Palacios.

 

Etiquetas: ,

Parabéns aos nosos alumnos Leo Florin Matei, David Andrei Matei, Isabelly Vitoria Carmo Valverde, Carlos Iglesias Prol e Brais León Penín que foron finalistas no VII CONCURSO DE POESÍA PARA ALUMNAS E ALUMNOS DE PRIMARIA E ESO DA PROVINCIA DE OURENSE organizado por Círculo Poético Ourensán.

A entrega de premios celebrouse o 28 de abril de 2018 no Salón de actos da Biblioteca de Ourense e ata alí achegáronse Isabelly Carmo e Brais León que foron os encargados de recoller os seus diplomas e os dos compañeiros.

Brais tivo que ler o seu poema por estar entr os primeiros da ESO e ademais a profe Marila recibiu os correspondentes ao resto dos participantes de Cisneros. Rematado o acto, fotografáronse con membros do Círculo Poético.

Moitas grazas a todos pola vosa participación que levou acompañado o nome do noso e o voso cole. A seguir expresando os vosos sentimentos a través da poesía.

 

IMG-20160430-WA0005

Tres alumnas de Cisneros foron finalistas do Concurso de Poesía organizado polo Circulo Poético Ourensán:

Na categoría de ESO: Claudia e en Educación Primaria, Martina e Adji.

IMG-20160430-WA0006

Asistiron á entrega de premios o sábado 30 de abril de 2016 ás 11:30h no Salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense. Foron acompañadas polas súas profes de Lingua, Patricia e Ana e a súa compañeira Nadia.

IMG-20160430-WA0004

IMG-20160430-WA0003

IMG-20160430-WA0002

IMG-20160430-WA0001

 

vcm_s_kf_repr_960x540

Parabéns! e a seguir xogando coas palabras…

Etiquetas: , ,

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 207.565 visitas