CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘rubén riós

No Salón de Actos da Escola Municipal de Artes Escénicas tivo lugar a promoción do  filme “VILAMOR”.

Sinopse: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

Estiveron presentes, o seu director Ignacio Vilar, acompañado dos actores Rubén Riós e Xoel Yáñez, todos eles ourensáns.

Fixeron un breve percorrido polo filme e animaron aos alumnos a compartir, ver e facer teatro e cine.

Ademais, pedíronlle que seguiran a película e que aportaran ideas no seu blog; por outra banda plantexáronlle a oportunidade de participar nun concurso…

E como non podía ser menos, os alumnos  fotografáronse ao seu carón. Botade unha ollada as fotos…

O pase de diapositivas require JavaScript.

Moitas grazas pola amabilidade …

O 5 de outubro de 2010 fomos convidados a asistir á Gala de Entrega de premios do II Certame Cinema OUFF  Escola pola Concellaría  de Cultura e polo Ouff; e alí fomos, profesores, pais e alumnos entre os que estaban os actores e actrices da nosa curtametraxe presentada.

Veredes as imaxes do acto e unhas fotos co actor e director  ourensán RUBÉN RIÓS, presentador da gala,  que moi amablemente posou cos nosos rapaces.

Rubén Riós cos nosos rapaces

Paula, Sarai e Laura con Rubén Riós

Abraham e Fran encantados con Rubén Riós

Alumnos da ESO co “dire”  no hall do Audorio

Grazas aos familiares dos nosos alumnos que  nos acompañaron

E, como non, insertamos tamén a nosa curtametraxe, que cunha duración de 13:39 minutos, que é un documental sobre o mundo da filatelia e a súa aplicación para a aprendizaxe de distintas materias do currículo.


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 213.939 visitas