CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘tagore

O 9 de maio de 2011 será o  150 aniversario do nacemento do autor indio máis universal, Rabindranath Tagore,  figura indispensable do pensamento, da literatura  e  da arte  asiática, galardonado co Premio Nobel de literatura en 1913 pola súa obra  “Gitanjati”.

O 9 de maio de 2010 comezou un ano de celebracións; o festival de Cine sumouse  proxectando películas relacionadas con Tagore; ademais o 8 de outubro dentro da homenaxe, tivo lugar a Cerimonia de prantación dunha árbore, celebrada  pola bailarina bengalí Kaberi Chatterjee coa presenza das autoridades Municipais, José Paz e Obhi Chatterjee.

Unha representación do noso centro acudiu ao acto que resultou moi emotivo, reproducindo fielmente os pasos que se seguen na India. Así unímonos á homenaxe que continuaremos ao longo do curso.

O director co profesor da Universidade e especialista en Tagore, José Paz

A presidenta da APA, Isabel, Paula e Marila seguen a comitiva no desfile da prantación da árbore, detrás de José Paz, Francisco Rodríguez, Alcalde de Ourense, Isabel Pérez, Concelleira de Cultura e Enrique Nicanor, director do Festival de Cine

Juan Cruz, Marila e Paula posando con José Paz diante da árbore de Tagore

Paula e Juan Cruz coa bailarina Kaberi Chatterjee, unha das principais bailarinas da tradicional danza Manipuri da súa xeración e unha autoridade na danza de obras de Tagore e Obhi Chatterjee, director de cine británico de orixe bengalí.

Etiquetas: , ,

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 213.939 visitas