CARDENAL CISNEROS OURENSE

Posts Tagged ‘Xente do redor

Os alumnos Isa e Dani e a profe Marila achegáronse ao centro para entregar un exemplar para a biblioteca, do Nº 1 da revista “Nós, a Xente do Redor” na que colaboraron.

Recollérono o Director, Beni, e a Xefa de Estudos, Patri. Coas máscaras obrigatorias pola pandemia, non podemos ver a súa cara de felicidade.

Dani, Beni, Isa e Patri coa revista

O profe Óscar e o seu bebé chegaron no momento e sumáronse!!

Luca interesado por “Nós, a Xente do Redor”

A páxina 12 co poema de Isa e a ilustración de Dani

Os alumnos de Cisneros, Isabelly e Dani de 6º de Primaria colaboraron no Nº 1 da nova revista cultural “Nós, a Xente do Redor”. Son os únicos menores participantes ao carón de recoñecidos escritores, poetas, pintores, artistas, …

E alguén máis relacionado con Cisneros na publicación: a profesora Marila Abad, e ex-alumnos: Miguel Ángel Martínez Coello, Marcos Pardo e o diseñador da revista Miguel Blanes.

Un orgullo para o centro!!

O 27 de maio de 2020 os alumnos foron recoller o seu exemplar impreso acompañados da profe. Felices vémolos nas imaxes acompañados de Avelino Jácome.

Versión dixital do Nº1 “Nós, a Xente do Redor”:

 

E para saber un pouco máis da revista:

“Cando se cumpren cen anos, daquel nacemento, da revista NOS, cando o prodixio xurdiu na cidade dos afiadores e das Burgas, a Atenas Galega, fai un seculo daquela loita, e despois tamén dunha pandemia, como resposta a dureza e a crise reinventándose. Un novo rexurdir (hoxe no 2020) das letras, sae desta pandemia tan rara, a cultura non pode quedar parada, senon morrerá o mellor da humanidade.

Desta filosofía nace “Nos, a Xente do Redor”, o primeiro número virtual, xa se pode ollar, de balde e nas redes sociais. Tamén se pode solicitar impreso cun custe de 5 euros que se usarán para poder editar o segundo. Máis de 20 autores colaboran neste primeiro numero: pintores, escultores, poetas, fotógrafos, deseñadores,…

Firmas como Miguel Ángel Martínez Coello, Paco Ascón, Marina Sánchez, Avelino Jácome Iglesias, Purificación Pasionaria Quintas, Marcos Pardo, Manuel Blanco Villar, Miguel Blanes, Pepa Alvarez Gómez, Tony Ferrer, Fina Cruz, Marila Abad, Antonio Martínez Coello, Avelino Jácome Dobarro, Isabelly Victoria Carmo Valverde, Daniel Sutil Moreira, María Rosa González Méndez, José Ramón Fernández Morgade, Pablo Cid e Berta Dobarro.

Dende cativos de oito anos, ata mozos dos oitenta colaboran neste proxecto que pretende un novo rexurdir desa cultura do pobo, una estrella que escintile no ceo de Ourense, nace con vocación de quedarse.

(Periódico os Barrios, 17 de maio de 2020)

Nace a Revista Cultural “Nós, a Xente do Redor”.
Nela colaboran tres membros da Comunidade Educativa de Cisneros Ourense: Os alumnos de 6º Primaria Isabelly Victoria Carmo Valverde con poesía, Daniel Sutil Moreira cunha ilustración do poema da compañeira e a profe Marila Abad con escrito sobre o coleccionismo.
Unha honra velos acompañados de artistas consolidados, rodeados de cultura.
Á espera da súa saída á luz, unha entrevista de Javier Moro, de Radio Voz, a Avelino Jacome Iglesias organizador e “liante” desta nova revista que nace no confinamento.
No minuto 6:30 falan de nós. Agradecidos pola posta en valor do traballo de Cisneros!!!
#CisnerosOurense #XenteDoRedor


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 207.565 visitas