CARDENAL CISNEROS OURENSE

Arquivo do autor

O primeiro día, pola tarde, tocou sesión de orientación polo monte. Con mapas, GPS, compás, … todas e todos cumpriron obxectivos.

Alumnado da ESO foi de excursión a Fervenzaventura. Alí pasaron dúas xornadas en medio dunha fermosa paisaxe en pleno contacto coa natureza realizando unha morea de actividades guiados polos monitores do lugar.

Xornada 1 -Mañá: Aula da Natureza, actividades grupais, paseo a cabalo e a xantar.

Segunda xornada en Fervenzaventura.
Novas aventuras mañaneiras: escalada, tirolina, … Obradoiro de coiro

Un numeroso grupo de alumnas e alumnos de Cisneros asistiron o sábado 13 de abril de 2024 ao Liceo de Ourense. Alí tiña lugar a entrega de premios do XII Concurso de Poesía “Soños de Infancia” e a entrega dos libros publicados cos poemas gañadores da edición anterior “Reconstruíndo versos”; o autor do deseño da portada, o alumno de 4º ESO Dani F. Rivas, e recolleron a publicación unha ducia de rapaces e rapazas de Cisneros.

Un verdadeiro pracer poder acompañalos máis alá das aulas, vendo como medran en distintos ámbitos.

Na categoría de Primaria
1º Premio: Mayra Sousa de Oliveira de 6º EP de Cisneros co poema “Un corazón”
2º Premio: Andrea Bianca Matei de 6º EP de Cisneros
co poema “A miña nai”
3º Premio: Chainer Daniel Castro Govea de 6º EP de Cisneros
co poema “Canción”

Mayra, 1ª clasificada

Chainer, 3º clasificado

E sete finalistas máis: Alba, Martín R., Alysson, Mikel, Jannat, Kevin e Manuel.

Na categoría de ESO, catro finalistas que verán o seu poema publicado nun libro: Helena, Yanira, Seyna e Adrian.

Algúns deles non puideron acudir polos seus compromisos deportivos, así que encargaron aos seus compañeiros da recollida dos premios.

Parabéns a todos os que participaron, unha treintena que recibiron os seus diplomas, polo seu traballo en pro da poesía e o agradecemento ao Círculo Poético Ourensán por esta fermosa e enriquecedora iniciativa.

Por moitas edicións máis!!!

E como son tantas as imaxes, … reunímolas!!

Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional, é unha exposición que recolle documentos orixinais e reflexións sobre o que foi a formación da muller na sociedade tradicional, particularmente no franquismo; unha educación que transmitía unha imaxe baseada na diferenciación e exclusión, características do sistema educativo durante o século XIX e boa parte do XX.

Un grupo de alumnas e alumnos da ESO achegáronse á Facultade de Educación e Traballo Social organizadora do evento xunto a Concellería de Educación, para vistala. Alí foron recibidos polo Decano, Xosé Manuel Cid, que lles amosou libros de texto e material escolar, que orientaron a educación da muller no pasado, unha realidade ben distinta das expectativas de igualdade que reivindican as novas políticas de xénero.

Rematou a actividade cun turno de preguntas no que interviron alumnado do centro e da facultade e no que saíron a relucir as súas curiosidades e intereses polo tema e pola Universidade.

Un grupo de alumnas e alumnos da ESO do Colexio Plurilingüe Cardenal Cisneros de Ourense decidiron celebrar o Día das Artes Galegas mergullándose na obra do recoñecido  artista ourensán, Fernando Barreira exposta na sala Alterarte do Campus de Ourense baixo a denominación  «sóloEDADES».

A visita guiada correu a cargo da Comisaria da exposición, Tareixa Taboada, artista plástica e profesora de Cisneros.  Destacou o feito de que  «sóloEDADES» constitúe un proxecto multidisciplinar que conmemora “a vertixe de 44 años de produción plástica a través da iconografía autobiográfica do polifacético artista”. “Unha proposta íntima e persoal na que cada detalle transpira as obsesións, dramas, vitorias e autoflaxelaciones de Barreira no seu pulso continuo entre a culpa e a indulxencia”.

O propio artista escribe no díptico: “Superados duros problemas familiares e persoais onde houbo que loitar e, de novo, renacer para nunca deixar de producir, así pois, ‘sóloEDADES’ é a volta a aos ruedos dun artista xa sereno, libre de obrigacións e proxectos con 60 anos que fixo a súa primeira exposición en 1980, aos 16 anos, no antigo colexio de La Salle, no seu Verín natal”.

Unha xornada diferente na que o alumnado se achegou a arte en vivo e en directo e que contou coa presenza de Xosé Manuel Cid, Decano da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, e Sara Dacal, da Concellería de Educación.

Tareixa Taboada e Fernando Barreira (Foto de arquivo)

Fernando Barreira Mateo

Graduado en Arte Publicitaria e Decoración no Centro Español Valle de Suchill onde obtivo dúas matrículas de honra en pintura e debuxo.

Graduado en Deseño de Moda en ACME (Asoc. de Creadores para la Moda de España) Madrid.

Becado en estampación en seda.

Escultura en el taller de Enrique Cabildo. Madrid. Becarios Joan March.

Gravado en el Taller de Alonso Piñuela-Infantas, Madrid.

Debuxo anatómico e pintura nos Talleres Libres, Círculo de Belas Artes de Madrid.

Creativo de  GRAFICARTS. GRUPO NEXIS. MADRID.

Creativo de Antena 3 TV. Madrid

Deseñador freelance: CARAMELO, ZARA E EL CORTE INGLÉS.- ESPAÑA

Director do Espazo artístico ARIA. O PORTO. – PORTUGAL

Director de imaxe do Clube Maumau. Porto (Portugal)

Asesor de imaxe de TVI Portugal

Asesor de imaxe de RTP Portugal AS

Asesor de programas de MTV – PORTUGAL

Deseñador de moda de Roberto Verino Difusión, SA.

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Dirección

O Colexio Plurilingüe Cardenal Cisneros de Ourense celebrou o Día Mundial da Auga recibindo á bióloga, activista ambiental e escritora, Adela Figueroa Panisse.

O acto tivo lugar o venres, 22 de marzo, ás 10:30h no centro educativo.

Disertou sobre a celebración e presentou a súa obra de teatro infantil “Pingas”, premio Facho, coa que a autora quere protexer a vida e dar a coñecer como funciona o ciclo hidrolóxico para que así, as nenas e os nenos cuiden o noso planeta, o noso único fogar.

Celebramos o Día da Poesía achegando os poemas aos máis peques da man dos seus compañeiros de colexio.

Unha actividade colaborativa, de aprendizaxe e servizo á comunidade, que pon en valor o traballo dos maiores e achega ás nenas e aos nenos de infantil o mundo da poesía dun modo diferente, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.

Unha pequena mostra…

A 2º convocatoria de Xogando co Ateltismo promocionada por Xogade tiña lugar o 22 de febreiro de 2024, con motivo da celebración do Campionato de España de Atletismo en pista cuberta.

Os nosos alumnos/as, daman do profe Álex, disputaron unha serie de probas relacionadas con este fantástico deporte, converténdose por un día en auténticos/as atletas.

Carreira de relevos, salto de lonxitude e lanzamento de bortéx foron algunhas destas probas, que fixeron da mañá, unha xornada diferente e moi moi divertida.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes dos nosos/as super atletas!!


O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 246.633 visitas