“EL MUNDO DE LOS SELLOS”
Posted Xaneiro 20, 2014
on:A exposición “EL MUNDO DE LOS SELLOS” chegará ao Colexio “Cardenal Cisneros” no que se instalará do 24 ao 28 de marzo de 2014. É unha actividade compartida co CPR Concepción Arenal da cidade.
Alumnos de ámbolos dous centros educativos familiarizaranse coas posibilidades do selo como elemento de diversión, de xeito que se integre nas súas actividades de ocio, ao tempo que colabora na súa formación persoal.
Forma parte dunha Campaña organizada pola Comisión de Xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), e patrocinada por Correos e Telégrafos, que leva a filatelia por distintas localidades españolas. Son poucas as agraciadas, e nesta edición 2013-2014 chega á nosa provincia.
Os alumnos participarán activamente en concursos, visitas á exposición, talleres virtuais, … e teremos selos dos “coles”.
Xa vos iremos contando…
Deixar unha resposta