CARDENAL CISNEROS OURENSE

Arte postal na honra de Rosalía

Posted on: Febreiro 28, 2016

16-02-24-Rosalia Correos (84) (Copiar)

O Colexio Cardenal Cisneros, a Oficina Principal de Correos e a Sociedade Filatélica Miño de Ourense únense para conmemorar o Día de Rosalía, centrados na arte postal, forma de expresión artística que consiste en decorar as cartas ou paquetes que circulan a través dos servicios postais.

Alumnos do centro educativo, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)  deseñaron postais cun poema da escritora ilustrado con debuxos; co apoio da Sociedade Miño as palabras de Rosalía voarán nas cartas espallando a obra da poetisa atendendo ao lema da convocatoria deste ano: #mobilizarosalía.

Ás 12 da maña do mércores 24 de febreiro, alumnos de Cisneros e membros da Miño acudiron á Oficina Principal de Correos, onde foron recibidos pola directora, para cancelar os seus traballos co cuño turístico que reproduce a fonte das Burgas.

Deste xeito quixeron render unha homenaxe a Rosalía de Castro no día en que se conmemora o aniversario do seu nacemento, unindo a cidade de Ourense coa poetisa a través da divulgación das súas obras convertidas en arte postal con sinatura ourensá.

Entregaron sendos ramos de camelias á directora da Oficina, Leonor Otero e a socia nº 1 da Miño, Pilar Gallego, e repartiron flores feitas polos alumnos ao persoal da oficina.

Posteriormente as cartas chegaron por correo ao centro e os alumnos fotografáronse coas súas obras.

????????????????????????????????????

 

Un resumo de todo o acontecido podedes velo no seguinte vídeo:

?

?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

O noso cole

Follow CARDENAL CISNEROS OURENSE on WordPress.com

Contador

  • 234.550 visitas
A %d blogueros les gusta esto: